Santiago recupera o vindeiro mes de maio unha das probas ciclistas máis importantes da cidade.
O alcalde de Santiago e presidente do padroado da Fundación Compostela Deporte, Xosé Sánchez Bugallo, amosou a súa satisfacción pola recuperación de unha volta que “forma parte da memoria colectiva de tódolos composteláns”, subliñou. ver máis...
O Coche que do Sorteo da Fundación Compostela Deporte recae no número 011.677
· Na rolda de prensa tamén se deu a coñecer que Rosario Gesto e Cristina Lodeiro van recibir o premio ao mérito deportivo.
ver máis...
Debate sobre o Deporte Escolar
A Fundación Compostela Deporte organiza o vindeiro venres 17 de Novembro coa colaboración do comité organizador do II Congreso Ibérico de Xestores do Deporte un gran foro sobre o tema deporte en idade escolar.
A Fundación Compostela Deporte oferta bolsas aos directivos dos clubes de Santiago para participar no Congreso de Xestores Deportivos.
· O prazo límite para solicitalo é o vindeiro martes día 14
A Fundación Compostela Deporte entrega as 15 Bolsas aos deportistas individuais de Santiago de Compostela.
Presentación das Axudas aos Clubes Composteláns da Fundación Compostela Deporte
O Vicepresidente da Fundación Compostela Deporte, Manuel Portas Fernández presentou perante os medios de comunicación a convocatoria do presente ano das Axudas aos Clubes Federados de Santiago de Compostela. Esta é a segunda edición das anteditas Axudas, que este ano aumentan un 42% a súa contía en realición ao ano anterior, incluíndo nelas axudas para os gastos de transporte e material ofimático dos clubes.
Rifas de Apoio aos Clubes Deportivos de Santiago de Compostela
A Fundación Compostela Deporte no Programa de Axudas ao Deporte Base realiza a través das rifas un sorteo dun vehículo Fiat Grande Punto 1,2i Active 3P, entre os posuidores destas.O sorteo realizarase perante notario o vindeiro 1 de decembro.
A edición das rifas por parte da Fundación realízase sen ningún fin lucrativo, e co obxecto de empregar o diñeiro recadado nas fins fundacionais para o que foi creada a FUNDACIÓN COMPOSTELA DEPORTE.
Aquí podes consultar as bases
Presentación dos Convenios entre a Fundación Compostela Deporte e a Federación Galega de Ciclismo e o Clube Ciclista Compostelán.
O Vicepresidente da Fundación Compostela Deporte, Manuel Portas Fernández presentou hoxe perante os medios de comunicación os convenios da Fundación Compostela Deporte coa Federación Galega de Ciclismo, e co Clube Ciclista Compostelán. O obxecto dos anteditos convenios
Presentación da Convocatoria das Bolsas de Perfeccionamento para os deportistas individuais composteláns
O Vicepresidente da Fundación Compostela Deporte, Manuel Portas Fernández , Xosé Alborés, presidente da Federación Galega de Tenis de Mesa, e Santiago Araújo Xerente da Fundación Compostela Deporte, presentaron perante os medios de comunicación