|
Sinatura dun convenio entre a Firma Umbro e a Fundación Compostela Deporte
A Fundación Compostela Deporte presentou hoxe martes día 22 de maio perante os medios de comunicación o convenio asinado coa firma Umbro para incluír a Compostela Cup dentro da UMBRO WORLD TOURNAMENT.
ver máis...
|
|
Ruíz Cubillo do Comunidad Valenciana é o campióndo Gran Premio Xacobeo
José Luís Ruíz Cubillo, do Comunidad Valenciana-CMM, proclamouse campión da VoltaCiclista da Ascensión 2007 “Gran Premio Xacobeo”. Nunha carreira na que tal e como marcaron as dúas xornadas preferentes houbo que esperar até o segundo final para coñecer o gañador. Ruíz Cubillo superou aos puntos ao segundo, Sergio Herrera (Sanse-Spiuk), xa que houbo que recorrer a suma dos mellores postos acadados por ambos naliña de meta debido a que remataron co mesmo tempo. O terceiro clasificado da xeral individual foi Óscar Laguna do Supermercados Froiz, que ademais foi vencedor da terceira etapa.
ver máis...
|
|
A Fundación Compostela Deporte crea unha páxina web específica para informar sobre a volta Ciclista da Ascensión
na páxina web http://www.voltaascension.com podedes consultar toda a información da Volta Ciclista da Ascensión 2007. Resultados clasificacións, equipas....
|
|
Santiago inicia a conta atrás da recuperación dunha das súas competicións máis históricas
Santiago inicia a conta atrás cara á recuperación da Volta Ciclista da Ascensión. Dezaseis anos leva a cidade sen gozar dunha das súas probas máis históricas e importantes, tamén en España. O Palco de Área Central acolleu esta tarde ás equipas que porán, a partir de mañá e até o próximo sábado, o punto e seguido as quince edicións precedentes desta competición, e que volta grazas á organización da Fundación Compostela Deporte, o Clube Ciclista Compostelano e a Federación Galega de Ciclismo e ao patrocinio de Xacobeo, Caixanova, Skoda Brea Automoción e Coca Cola.
ver máis...
|
|
Santiago contará no 2010 cunha pista de karting
O Alcalde de Santiago e Presidente da Fundación Compostela Deporte, Xosé A. Sánchez Bugallo, en nome do Concello e o Vicepresidente da Fundación e Concelleiro de Deportes, Manuel Portas, en representación da Fundación, firmaron esta mañá un protocolo de intencións polo que Santiago de Compostela, contará cunha pista de karting no 2010.
ver máis...
|
|
Xacobeo, Caixanova, Skoda Brea Automoción e Coca Cola son os patrocinadores da proba
A Fundación Compostela Deporte xunto cos organizadores da proba no eido deportivo a Federación Galega de Ciclismo e o Clube Ciclista Compostelano, presentaron esta mañá aos patrocinadores: a Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo, Caixanova, Skoda Brea Automoción e Coca Cola, da Volta Ciclista da Ascensión, que se celebrará os días 17, 18 e 19 de maio, entre os que se atopan os mellores conxuntos galegos, do resto do estado e de Portugal, da categoría elite e Sub 23. <
ver máis...
|
|
Santiago Lidera o seu Grupo da Copa Gallaecia 2007.
A falta dunha xornada para a finalización da fase clasificatoria da Copa Gallaecia 2007, a Selección de Santiago de Compostela Lidera o Grupo IV con 8 puntos. Así mesmo, O líder do Grupo I é a Selección da AF Porto con 9 puntos, do Grupo II é a selección da AF Bragança con 9, do Grupo III é a selección de Vigo con 8 puntos.
Aquí tedes os resultados e a clasificación
|
|
A proba contará cos sete equipos galegos da categoría elite e Sub 23
A Fundación Compostela Deporte xunto cos organizadores da proba no eido deportivo a Federación Galega de Ciclismo e o Clube Ciclista Compostelán, presentaron esta mañá aos dezanove equipos que participarán na Volta Ciclista da Ascensión, que se celebrará os días 17, 18 e 19 de maio, entre os que se atopan os sete conxuntos galegos da categoría elite e Sub 23, nove procedentes do resto de España e tres de Portugal; o que supón un total de 133 corredores.
ver máis...
|
|
Sete seleccións sub 18 de Galicia e cinco do Norte de Portugal disputarán a fase inicial entre o cinco de abril e o 27 de maio
A segunda edición da Copa Gallaecia, iniciativa posta en marcha o ano pasado pola Fundación Compostela Deporte e a Federación Galega de Fútbol, arranca coa disputa da fase inicial entre os vindeiros cinco de abril e 27 de maio, e conta coa participación das seleccións galegas de Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo e as seleccións de AF Braga, AF Bragança, AF Porto, AF Viana do Castelo e AF Vila Real do Norte de Portugal.
<
ver máis...
|
|
O seleccionador español de baloncesto Pepu Hernández estará no primeiro Compostela Deporte do 2007.
A Fundación Compostela Deporte, no marco da programación oficial da Copa LEB-2 que se celebrará en Santiago o vindeiro fin de semana, contará coa presencia do seleccionador español de baloncesto, Pepu Hernández, e o director deportivo da Federación Española de Baloncesto, serán os protagonistas do primeiro FORO COMPOSTELA-DEPORTE do 2007, que terá lugar no Hotel Porta del Camiño o vindeiro sábado as 16.30 horas.
ver máis...
|
|
|