Fundacin Compostela Deporte
 Novas Minimizar

A volta dos + Nov@s celebra a súa segunda etapa en Santiago

Onte luns día 27 de Agosto celebrouse a segunda etapa da Volta dos + nov@s. Esta tivo a súa primeira etapa no Concello de Allariz, e finalizará no concello de Vigo o vindeiro mércores. Na etapa de onte a Federación Galega de Ciclismo organizadora do evento deportivo contou coa colaboración da Fundación Compostela Deporte. No acto de entrega de premios contouse coa presenza do Vicepresidente da Fundación Compostela Deporte Andrés Fariña, co Xerente da Fundación Compostela Deporte Santiago Araújo

 

  ver máis...

A Fundación expresa o seu agradecemento a todos os artífices dun soño feito realidade

 

Ao longo de tres días Santiago e, sobre todo os afeccionados ao ciclismo da capital galega e dos 27 concellos veciños das provincias de A Coruña e Pontevedra, puideron disfrutar das evolucións da Volta Ciclista da Ascensión do 2007 “Gran Premio Xacobeo” que rematou hoxe. A recuperación desta competición, que chegou a ser unha das máis importantes da cidade e tamén de España, despois de dezaseis anos foi posible grazas ao traballo, a colaboración loxística e económica, e ao agarimo de institucións, entidades e particulares aos que a Fundación Compostela Deporte quere agradecer que formasen parte da engranaxe que fixo posible que a Volta deixase de ser un soño para converterse unha realidade.

  ver máis...

Ceferino do Diputación de León gaña a segunda etapa e Perales do Cafemax é o novo líder

 

O ciclista uruguaio do Diputación de León, Mariano Ceferino, gañou a segunda etapa da Volta Ciclista da Ascensión “Gran Premio Xacobeo” tras formar parte da escapada que dominou a carreira desde o quilómetro 30, atacar a falta de cinco para a chegada a meta e percorrer os tres últimos quilómetros en solitario. A xornada tamén deixou cambios na clasificación xeral individual, que lidera Vicent Perales, do Cafemax. Aínda que haberá que esperar até o quilómetro final da última etapa de mañá para coñecer o gañador da proba, debido a que as diferenzas do corredor de Xátiva sobre os seguintes doce ciclistas van desde os 14 até os 23 segundos e a vantaxe sobre o pelotón é de trinta e un segundos
  ver máis...

Os veciños de Santiago e dos concellos veciños  acolleron con agarimo a primeira etapa

 

A Volta Ciclista da Ascensión “Gran Premio Xacobeo” non puido iniciar dun xeito mellor a súa andaina de tres días polas estradas de Santiago e dos 27 concellos veciños das provincias de A Coruña e Pontevedra que até o vindeiro sábado acollerán a proba. A serpe multicolor da carreira da capital galega contou có agarimo dos veciños dos compostelás e tamén dos concellos veciños: Frades, Arzúa e Ordes, entre outros.

  ver máis...

Francisco José González do Comunidad Valenciana lidera o Gran Premio Xacobeo

 

Francisco José González do Comunidad Valenciana imponse na primeira etapa da Volta Ciclista da Ascensión “Gran Premio Xacobeo” e, polo tanto, é o primeiro líder dunha carreira que Santiago levaba dezaseis anos sen disfrutar. A Fundación Compostela Deporte, o Clube Ciclista Compostelano e a Federación Galega de Ciclismo son os organizadores desta carreira, que conta coa colaboración do Concello de Santiago e o patrocinio de: a Sociedade Xestora do Plan Xacobeo, Caixanova, Skoda Brea Automoción e Coca Cola.

 

  ver máis...


Santiago reunirá aos mellores ciclistas galegos das categorías Elite, Sub 23 e Sub 21

 

Santiago e a súa comarca  acollerán o vindeiro domingo o Campionato de Galiza de Contrarreloxo individual das categorías Elite, Sub 23 e Sub 21, unha proba organizada pola Federación Galega de Ciclismo e patrocinada pola Fundación Compostela Deporte, na que participarán 70 ciclistas galegos procedentes de seis equipos galegos e doutros equipos españois. Salgueiriños será o punto de partida, as 11.30 horas, dun percorrido de 29 quilómetros que rematará na Avenida Xoán XXIII. Na proba intentará revalidar o título acadado o ano pasado en Padrón o actual campión Antonio Dacasa (Superfroiz).

  ver máis...

Páxina específica da Fundación Compostela Deporte para o seguimento da Compostela Cup do Camiño

Toda a información relativa á Compostela Cup do Camiño, tanto das fases locais como das comarcais, así como da Fase Final podedela consultar na páxina web www.compostelacup.com. Nela podedes facer o seguimento dos resultados tal e como se van producindo ao longo de toda a competición nas distintas modalidades.

 

  

Manuel Portas e Enrique Fernández presentaron o convenio entre as dúas entidades 

A  Fundación Compostela Deporte presentou perante os medios de comunicación convenio que asinará coa Delegación de Fútbol de Santiago co obxecto de establecer unha colaboración entre ambas entidades para o ano 2007.

  ver máis...

A Fundación colaborará co clube compostelán na organización do evento dedicado á base

 

O Instituto Galego de Información de San Marcos acollerá os vindeiros 25 e 26 de maio o I Encontro sobre fútbol organizado polo CD San Marcos, un evento dedicado ao fútbol base que conta coa colaboración da Fundación Compostela Deporte. Ás xornadas son de participación aberta e gratuíta para todos os rapaces, pais e nais que queiran escoitar as opinións nos diferentes temas que atinxen a esta modalidade deportiva nas voces de o ex xogador do Deportivo Fran, os adestradores Arsenio Iglesias, Fernando Vázquez ou Fabriciano González “Fabri”, o xogador do Celta Borja Oubiña, o adestrador e especialista en nutrición Chus Baleato ou o presidente do Pontevedra, Nino Mirón, entre outros.

  ver máis...

O obxectivo da cita e recadar fondos para á construcción dunha escola  en Angola

 

Un circuíto nas estradas do Polígono do Tambre será o escenario, o vindeiro 17 de xuño ás 11.30 horas, da I Carreira Solidaria “Polígono do Tambre”. Unha carreira posta en marcha pola organización non gobernamental, Intermón Oxfam, por iniciativa do atleta santiagués, Pedro Nimo, que ten o obxectivo de recadar fondos para a construción dunha escola en Angola. A cita conta co patrocinio da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre e coa colaboración da Fundación Compostela Deporte e do Concello de Santiago. A inscrición, que ten un custe mínimo de tres euros, pode realizarse a través do portal de Internet www.championchipnorte.com   ver máis...


páxina 5 de 7First   Previous   1  2  3  4  [5]  6  7  Next   Last   


      

 Patronos Minimizar


  

 Membros de excelencia Minimizar


  

 Patrocinadores Minimizar


  

  • Galego
  • Castellano