|
O Bricosa remata terceiro na Copa de España de Triatlón de Longa Distancia
O clube compostelano Triatlón Bricosa, rematou terceiro na clasificación xeral por equipas masculina da Copa de España de Triatlón de Longa Distancia, tras rematar oitavo na sexta e última proba do Campionato de España desta especialidade, que pechou a tempada e que se celebrou en Ibiza o pasado día 7 de outubro. Entre os éxitos do clube santiagués tamén destacan o cuarto puesto de Anxo Ruanova na categoría sub 23. Así como o trixésimo primeiro na categoría absoluta de emilio Lousa e o trixésimo terceiro de Juan Jesús Barral. Cómpre lembrar que a proba contou con 373 participantes.
|
|
O CC Aquagest empeza a tempada coa finalidade de obter máis triunfos para Compostela
A Fundación Compostela Deporte acolleu esta mañá a presentación do equipo do Clube Ciclista Aquagest para a tempada de ciclo cross 2007/08 que, co apoio da entidade, da Sociedade Xestora do Plan Xacobeo e do seu patrocinador Aquagest, comezará a finais deste mes coa finalidade de obter máis triunfos para o deporte compostelán. O clube espera acadar bos resultados na Copa do Mundo, na Copa de España –da que é o seu vixente campión o ciclista do equipo Óscar Vázquez e terceiro o seu compañeiro Mauro González-, no resto de torneos internacionais, nacionais, galegos e no Campionato Galego de Ciclo Cross –que organizará de forma conxunta coa Fundación- o vindeiro 30 de decembro.
ver máis...
|
|
O bolseiro da Fundación, Iván Iglesias, gaña a carreira pedestre da Amaía
O bolseiro da Fundación Compostela Deporte e atleta do Clube Deportivo Universitario de Santiago, Iván Iglesias Carballo, foi o gañador absoluto da XXV edición da carreira pedestre da Amaía, que se celebrou o pasado domingo en Brión. O atleta compostelán empreou un tempo de 19 minutos e 44 segundos en percorrer os sete quilómetros dun circuito con salida e chegada na carballeira de Santa Minia
|
|
A Fundación repartirá 200.000 euros entre os clubes composteláns
A Fundación Compostela Deporte presentou esta mañá as Axudas para os clubes federados composteláns 2007. A terceira edición desta convocatoria conta cunha dotación orzamentaria total de 200.000 euros. As bases para optar a este programa do Plan de Fomento da práctica deportiva da entidade están dispoñíbeis no portal de Internet
ver máis...
|
|
A Fundación destina 30.000 euros á formación e perfeccionamento dos deportistas composteláns
A Fundación Compostela Deporte presentou esta mañá as bolsas para a formación e perfeccionamento dos deportistas composteláns 2007. A terceira edición desta convocatoria conta cunha dotación orzamentaria total de 30.000 euros, que serán outorgados en réxime de concorrencia competitiva. As bases para optar a este programa da entidade, destinado a apoiar a práctica deportiva, están disponibles na web
ver máis...
|
|
A proba no Monte Pedroso definirá ao campión do Open Galego de Descenso en Mountain Bike
A aba do Monte Pedroso acollerá o vindeiro domingo, día 23, o I Gran Premio Santiago DH, última proba do Open Galego de Descenso en Mountain Bike, que definirá ao campión desta competición nas distintas categorías: Promoción, Junior, Cadete, Feminina, Sub-23, Elite, Master 30 e Master 40. O clube compostelán conta, na orgnización deste gran premio, coa colaboración da Fundación Compostela Deporte e do Concello de Santiago.
ver máis...
|
|
A Fundación prestará apoio ao CD Conxo para fortalecer a súa nova sección de voleibol
O Vicepresidente da Fundación Compostela Deporte e Concelleiro de Deportes de Santiago, Andrés Fariña, expresou está mañá o “compromiso” das institucións que representa para contribuír ao “fortalecemento” da nova sección de voleibol do CD Conxo, que foi presentada na sede da Fundación. Unha sección que xurdiu da integración na estructura do clube santiagués do Clube Monte de Conxo e que contará coas mesmas equipas que o antigo club: o senior masculino que compite na 1ª Nacional; o senior feminino da 2ª B Nacional e os xuvenís masculino e feminino da 1ª Galega; ademais das escolas deportivas dirixidas aos máis cativos (as).
ver máis...
|
|
Antón Ruanova, bolseiro da Fundación, beneficiario da bolsa Blume que concede o Consejo Superior de Deportes
O Consejo Superior de Deportes concedeu ao triatleta compostelán Antón Ruanova a bolsa para a Residencia Joaquín Blume no Centro de Alto Rendimiento de Madrid, para o período comprendido entre o 10 de setembro do presente ano e o 31 de xullo de 2008. Cómpre lembrar que Antón Ruanova, do Triatlón Bricosa, é un dos beneficiarios das bolsas aos deportistas indivuais concedidas pola Fundación Compostela Deporte en novembro do 2006.
ver máis...
|
|
Pedro Macía, bolseiro da Fundación, campión galego júnior contrarreloxo por equipas
O bolseiro da Fundación Compostela Deporte na convocatoria do ano 2006, o corredor compostelán integrante do Club Ciclista Compostelano-Muebles Compostela Pedro Macía, rematou coa medalla de ouro e o maillot branco e azul que o acreditan como campión galego da categoría júnior masculina de contrarreloxo por equipas. Desquitándose así do segundo posto obtido no campionato galego de contrarreloxo individual na categoría júnior obtido na vila de Ponte Caldelas. A equipa campiona estaba formada por Pedro Macías, Jesús Pena, Javier Salvador e Adolfo Vicente pulverizou o campionato deixando a máis dun minuto á equipa que levou a medalla de prata nos campionato galegos de contrarreloxo por equipas que tiveron lugar na vila de Cerceda. Ademais, Macía gañou en solitario a última etapa daI Volta Ciclista Júnior a Pontevedra, rematando terceiro na clasificación xeral, a 16 segundos do gañador Martín, e vencedor nas
|
|
Pedro Macía Subcampión Galego de Contrarreloxo.
O Bolseiro da Fundación Compostela Deporte na convocatoria do ano 2006, Pedro Macía corredor do Club Ciclista Compostelano-Muebles Compostela rematou segundo a 52s. do vencedor na clasificación final dos Campionatos Galegos de contrarreloxo individual na categoría júnior masculina celebrada na vila pontevedresa de Ponte Caldelas.
|
|
|