|
A Fundación repartiu as Axudas e o primeiro prazo do Plan Deporte e Vida
A Fundación Compostela Deporte repartiu as Axudas 2007 entre 75 clubes federados composteláns, que teñen unha dotación orzamentaria de 100.000 euros, e fara o abono do primeiro prazo do Plan Deporte e Vida ás 58 entidades deportivas -400 euros para cada unha delas- adscritas a este programa, nun Acto Oficial no Hotel Puerta del Camino de Santiago de Compostela. Na Gala do Deporte Compostelán, homenaxeouse á Sociedade de Caza e Pesca A Venatoria polo seu 75 aniversario e ao ex atleta e plusmarquisa compostelán na década dos sesenta.
ver máis...
|
|
A Fundación presentou o atletismo como nova modalidade deportiva da competición no Torneo
A Fundación Compostela Deporte presentou esta mañá a nova modalidade deportiva da Compostela Cup do Camiño 2008, o atletismo, que se engadirá como competición oficial ás de: fútbol, baloncesto, fútbol sala e balonmán. O Vicepresidente da entidade e Concelleiro de Deportes de Santiago, Andrés Fariña, estivo acompañado no acto polo Presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, e do Delegado de Atletismo de Santiago, Iván Sanmartín.
ver máis...
|
|
A Fundación repartirá 170.154 euros entre os clubes composteláns no presente ano
A Fundación Compostela Deporte repartirá no presente ano 170.154 euros en concepto de axudas aos clubes composteláns. O programa de axudas aos clubes composteláns, o abono do primeiro plazo do Plan Deporte e Vida e a recadación dos donativos dos billetes postas a disposición dos clubes para o sorteo do coche Citroën C3 doado polo Grupo Noya, Patrono da entidade, son as tres partidas que aglutinan estas axudas.
ver máis...
|
|
O Coche do Sorteo da Fundación Compostela Deporte recae no número 99.039
O Coche do Sorteo da Fundación Compostela Deporte, en sorteo realizado hoxe en Santiago perante o Ilustre notario do Colexio Notarial de Galicia, Héctor Ramiro Pardo García, recaeu no número 99.039. O posuidor (a) deste número, que se atopaba en Área Central entre os asistentes ao momento de facer público o número, é o árbitro da Delegación de Santiago, Alberto Zás Varela, quen gañou o Citroen C3 doado polo Grupo Noya, Patrono da Fundación.
|
|
A Fundación entrega as bolsas ás promesas do deporte compostelán
A Fundación Compostela Deporte entregou esta tarde as Bolsas para a formación e perfeccionamento das promesas do deporte compostelán, que teñen unha contía de 1.200 euros cada unha. Unha iniciativa coa que a entidade quere aportar unha axuda para cubrir o espazo valeiro entre a etapa da formación e a profesional. Un apoio a práctica deportiva de base con proxección para acadar a elite. O triatleta galego Iván Raña foi o padriño dos (as) deportistas nesta terceira edición da Gala que se celebrou no Auditorio de Galicia e estivo presidida polo Vicepresidente da Fundación e Concelleiro de Deportes de Santiago, Andrés Fariña
ver máis...
|
|
O triatleta galego Iván Raña será o padriño da terceira edición do programa
Corenta deportistas de doce modalidades deportivas optan ás Bolsas 2007 que outorga a Fundación
ver máis...
|
|
Os clubes e os empresarios composteláns verán recoñecida o seu labor no desenvolvemento do programa
A Fundación quere potenciar a educación, a saúde, os bos comportamentos e a non violencia no deporte
ver máis...
|
|
Fundación e AEPIT impulsarán o compromiso social das empresas co deporte compostelán
O Presidente da Fundación Compostela Deporte (FCD) e Alcalde de Santiago, Xosé Antonio Sánchez Bugallo, e o presidente da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre (AEPIT), Jesús Chenel Noya, subliñaron hoxe que a través do convenio asinado esta mañá, as entidades que presiden impulsarán o compromiso social das empresa co deporte compostelán.
ver máis...
|
|
Nova Liña de Axudas da Fundación Compostela Deporte.
A Fundación vén de convocar este ano unha nova liña de Axudas aos Clubes de Santiago de Compostela. O Programa Deporte e Vida.
Aquí tedes as bases:
ver máis...
|
|
A Fundación Compostela Deporte coa finalidade de fomentar o deporte entre os composteláns crea o Programa de Axudas ao Deporte Base para apoiar as entidades deportivas no seu labor a prol da sociedade en xeral.
Por isto realiza un sorteo dun vehículo Citroën C3 1.1i Furio doado pola empresa Noyamovil entre os colaboradores dos clubs.
A edición dos billetes por parte da Fundación realízase sen ningunha fin lucrativo, e co obxecto de empregar o diñeiro recadado no financiamento das entidades deportivas de Santiago na súa tarefa educativa e social. O sorteo do coche terá lugar o día 5 de decembro en Área Central ás 19h.
Aquí tedes as bases
ver máis...
|
|
|