Pablo de Pedro do Supermercados Froiz lidera o “Gran Premio Xacobeo” tras gañar a segunda etapa
O corredor Pablo de Pedro do Supermercados Froiz lidera a Volta Ciclista da Ascensión 2008 “Gran Premio Xacobeo” -organizado pola Fundación Compostela Deporte e o CC Compostelano – Muebles Compostela- tras impoñerse nunha segunda etapa da competición que, pese á dureza do seu trazado, foi moi disputada, sobre todo no seu primeiro tramo, até a subida ao alto de Vinseiro. E todo indica que aínda non está nada decicido na proba, xa que a diferencia de un minuto e quince segundos entre o líder e o décimo clásificado fai prever unha terceira e última etapa igual de emocionante e coa mesma pelexa que as dúas precedentes.
Ljungblad do P3 Transfer Batavus lidera o “Gran Premio Xacobeo” tras unha gran primeira etapa
O corredor sueco Jonas Ljungblad do P3 Transfer Batavus lidera a Volta Ciclista da Ascensión 2008 “Gran Premio Xacobeo” -organizado pola Fundación Compostela Deporte e o CC Compostelano – Muebles Compostela- tras o seu triunfo na primeira etapa da proba, que foi moi disputada desde o quilómetro cero e na que os 140 corredores ofreceron unha competición de gran calidade. Cómpre lembrar que os participantes terán que completar mañá un percorrido de algo máis de 180 kilómetros ver máis...
Santiago alberga xa aos vinte equipos que mañá afrontarán a proba de maior rango de Galicia no 2008
CONVOCATORIA DAS AXUDAS DO XOGO SOLIDARIO
Aquí tedes a convocatoria para os Clubes de Santiago e Comarca do Xogo Solidario correspondente ao Programa Deporte e Vida da Fundación Compostela Deporte. Esta Axuda que se realiza en colaboración coa Asociación de Empresarios de Hosteleria de Santiago e comarca ten por obxecto axudar aos clubes para dotalos de máis recursos financeiros para a realización da súa actividade.
O programa é froito do Convenio asinado esta tarde entre a Fundación e a AEHS
Xogo Solidario, outro xeito de axudar aos clubes de base
Santiago volverá a vivir a súa festa do ciclismo o vindeiro mes de maio
A Fundación Compostela Deporte e o Club Ciclista Compostelano - Muebles Compostela presentaron hoxe a vindeira edición da Volta Ciclista da Ascensión, que terá lugar os vindeiros días 1, 2 e 3 de maio, para as categorías elite e sub 23. Polo que Santiago e os afeccionados ao ciclismo volverán vivir e gozar esta festa histórica recuperada o ano pasado por ambas as entidades. A Volta será a competición de maior rango –Carreira Continental 2.ME.2- que se dispute en Galicia das previstas para esta tempada nas probas por etapas, segundo o ranking da Unión Ciclista Internacional (UCI).
O CB Pío XII presentou na sede da Fundación o seu novo portal electrónico
O CB Pío XII presentou esta mañá na sede da Fundación Compostela Deporte o seu portal electrónico www.cbpioxii.com. Unha páxina web na que os afeccionados (as) do clube e ao baloncesto en xeral, as institucións, as entidades públicas e privadas, etc, teñen a súa disposición toda a actualidade, os datos dos equipos e das xogadoras, a clasificación ou a historia, entre outros temas.
“Campionato Galego de Ciclocross”
A proba reunirá en Santiago a preto de 200 corredores de dezanove equipos galegos
A Fundación Compostela Deporte acolleu esta mañá a presentación do Campionato Galego de Ciclocross, que terá lugar o vindeiro día 30 de decembro no Complexo Monte do Gozo a partir das 10.30 horas. A proba, organizada p ver máis...
A Fundación expresa o seu agradecemento todos os colaboradores coa Gala do Deporte Compostelán
A Fundación Compostela Deporte quere expresar o seu agradecemento a todas aquelas entidades e persoas a título individual que o pasado venres colaboraron para que a Gala do Deporte