Fundacin Compostela Deporte
 Detalle del Artículo:

Bolsas

Antón Ruanova, bolseiro da Fundación, beneficiario da bolsa Blume que concede o Consejo Superior de Deportes

 

O Consejo Superior de Deportes concedeu ao triatleta compostelán Antón Ruanova a bolsa para a Residencia Joaquín Blume no Centro de Alto Rendimiento de Madrid, para o período comprendido entre o 10 de setembro do presente ano e o 31 de xullo de 2008. Cómpre lembrar que Antón Ruanova, do Triatlón Bricosa, é un dos beneficiarios das bolsas aos deportistas indivuais concedidas pola Fundación Compostela Deporte en novembro do 2006.

 

 

A concesión de bolsas para a Residencia Joaquín Blume ten por obxecto facilitar o adestramento dos deportistas de máximo nivel, ofrecendo a posibilidade de ter o seu lugar de residencia no propio Centro de Alto Rendimiento de Madrid, onde ao mesmo tempo, contarán cun bo número de servizos de apoio (asesoramento e seguimento académico, psicolóxico, biomédico, etc), acadando un maior achegamento das instalacións ao deportista e creando un clima de adestramento e convivencia entre atletas de diferentes especialidades deportivas.

 

Ademais, o triatleta compostelán do Bricosa, gañou dúas probas o pasado mes de agosto. Unha delas o V acuatlón Cidade de Ferrol Campionato Galego, que se celebrou no peirao de Curuxeiras, despois de percorrrer 2.500 quilómetros de carreira a pé, nadar 1.500 metros e repetir o circuíto  dun quilómetro a pé. E o XV Triatlón Santa Olaya de Xixón, unha proba que conta cun gran prestixio a nivel nacional, que tivo lugar sobre as distancias de 750 metros de nado, 20 quilómetros en bici e 5 quilómetros a pé.

.

 

 


Escrito por: fundaciongl
Data de publicación: 11/09/07
Veces lido: 103

Voltar

  

  • Galego
  • Castellano