A sede da Asociación de Empresarios de Hostalería de Santiago e Comarca (AEHS) foi o escenario do sorteo da iniciativa Xogo Solidario (que forma parte do Plan Integral Deporte e Vida da Fundación Compostela Deporte). Os números premiados foron o 5.202, 2.904, 8.701 e 23.113. No sorteo estiveron presentes: o Concelleiro de Deportes de Santiago e Vicepresidente da Fundación, Andrés Fariña; o Xerente da AEHS, Andrés Condide; o Xerente da Fundación, Santiago Araújo e o representante dos clubes, Mario Rodríguez. Aspas, Clube Waterpolo Santiago e Hockei Clube Raxoi foron os que repartiron fortuna.
O número 5.202 é o premiado co ordenador portátil doado por Coremain; o número 2.904 cos dous billetes de avión a Tenerife doados por Viaxes Sant Yago; o 8.701 coa bicicleta doada polo Centro Deportivo e o número 23.113 do MP4 doado por Blusens. No seu momento darase a coñecer a data, lugar e hora da entrega dos premios.
Foron case 10.000 os boletos repartidos en virtude do Convenio asinado entre a Fundación Compostela Deporte e a Asociación de Empresarios de Hostalería de Santiago e Comarca para o desenvolvemento do programa Xogo Solidario, destinado aos clubes federados da cidade e a súa comarca, que tiña á finalidade de dotalos de máis recursos económicos pola súa tarea a prol do deporte base, así como promocionar aos establecementos hostaleros que colaboraron coas entidades deportivas, que foron máis de 200.
Cómpre lembrar que os establecementos seleccioados por cada clube entregaron a recaudación a cada clube. A Fundación Compostela Deporte, declarada de interese galego, aportará un Certificado de Doación (que lle reportará beneficios fiscais na súa declaración) ao local comercial unha vez recibida a contía recadada. A Fundación entregará ao clube a totalidad do recadado en concepto de axuda ao deporte base.
Xogo Solidario é unha das iniciativas enmarcadas dentro do Plan Integral Deporte e Vida (PIDEVI) co que a Fundación busca poñer en valor os beneficios que reporta o deporte nos ámbitos da saúde, os bos comportamentos, a non violencia e o benestar social nos (as) deportistas composteláns. E para conseguilo, conta coa colaboración de distintas institucións e entidades como, neste último programa, á da Asociación de Empresarios de Hostalería de Santiago e Comarca.