Fundacin Compostela Deporte
 Detalle del Artículo:

Presentación

A SD Villestro celebra o seu 25 aniversario con actos deportivos, culturais e de ocio para toda a súa gran familia

 

A Fundación Compostela Deporte acolleu esta tarde a presentación dos actos da celebración do 25º Aniversario da SD Villestro, que ten programada unha gran diversidade de actos deportivos, culturais e de ocio para toda a súa gran familia –os que formaron parte do clube desde a súa fundación en 1983 a até o día de hoxe-, a partir de mañá e até o vindeiro mes de decembro. A presentación cotou coa presenza do Vicepresidente da Fundación e Concelleiro de Deportes de Santiago, Andrés Fariña; o Vicepresidente do clube, Jesús Conde; o Secretario, Gabriel Quintáns e o Coordinador da entidade compostelana, Marcos Conde.

A Fundación Compostela Deporte acolleu esta tarde a presentación dos actos da celebración do 25º Aniversario da SD Villestro, que ten programada unha gran diversidade de actos deportivos, culturais ede ocia para toda a súa gran familia –os que formaron parte do clube desde a súa fundación en 1983 até o día de hoxe-, a partir de mañá e até o vindeiro mes de decembro. A presentación contou coa presenza do Vicepresidente da Fundación e Concelleiro de Deportes de Santiago, Andrés Fariña; o Vicepresidente do clube, Jesús Conde; o Secretario, Gabriel Quintáns e o Coordinador da entidade compostelana, Marcos Conde.

 

O Vicepresidente da Fundación, Andrés Fariña, “felicitou” ao clube polo seu aniversario e afirmou que: “Cómpre agradecer o esforzo que está a facer a SD Villestro para promocionar o deporte e as relación humanas. Tamén hai que recoñecer públicamente a gran colaboración que, entidades como a súa, fan ás institucións públicas. Porque estas non terían capacidade en exclusiva para garantir o dereito constitucional ao deporte, senon forma porla participación destos clubes e a mobilización de recursos que, xunto a outras entidades e empresas, realizan”.

 

Pola súa banda, o Secretario do clube compostelán, Gabriel Quintáns, explicou que os actos de celebración do 25º Aniversario da SD Villestro comezarán mañá día 13 de xuño co partido que disputarán: “Os equipos alevíns de fútbol 7 da SD Villestro e o Boca Juniors arxentino”, no campo de Santa Isabel, ás 19.00 horas.

 

Quintáns subliñou que a SD Villestro “dentro da nosa modestia” programou diversas actividades. Andrés Fariña comentou que: “Un equipo pode ser modesto en números, pero grande en resultados. E aínda que non coñezo en profundidade a historia do Villestro, si coñezo as accións que desenvolveu no último ano e se hai algo que destacar deste clube é o factor humano e xoven que ten. Teño sido testemuña da gran capacidade que teñen os seus dirixentes de congregar e concentrar entusiasmo en torno á súa parroquia”.

 

Libro e exposición

 

O Centro Sociocultural de Villestro será o vindeiro sábado o escenario da presentación do libro “SD Villestro. 25 anos de historia, 80 de tradición”, que recolle documentos importantes na fundación do clube, diarios antigos, fotografías que amosan a evolución da entidade ao longo da súa historia, os éxitos acadados, los xogadores máis destacados que saíron do clube e imaxes antigas de veciños da parroquia nos partidos. “Pero tamén da historia do fútbol na parroquia, para a que os maiores recordaron as súas vivencias”, engadiu Quintáns.

 

Ademais, media hora máis tarde no mesmo centro, inaugurarase a exposición sobre os 25 anos da historia do clube –que terá unha duración de tres meses e a entrada será de balde – na que se poderán contemplar imaxes e documentos antigos, as instantáneas máis recentes e obxectos curiosos. Esta mostra se completa con outra organizada pola Fundación Compostela Deporte sobre o fútbol compostelán.

 

Fariña subliñou que a SD Villestro é un: “Clube entrañable polo que está a facer. O esforzo de recuperar a súa memoria é encomiable, a través do que lembran a súa historia e as súas relacións e amizades. É un traballo moi importante que deberían facer as distintas entidades. Son un exemplo a seguir”, apuntou.

 

E na tarde do sábado, ás 17.00 horas, o campo de fútbol da Barrosa será o escenario dos partidos. O primeiro enfrontará ao equipo oficial da SD Villestro no ano 1983 (o da súa fundación) co actual conxunto de veteranos SD Villestro-Veteranos. Mentres que hora e media máis tarde, o actual equipo da SD Villestro xogará contra unha selección de xogadores que militaron nas súas filas. Ao remate dos partidos realizará unha cea de confraternidade entre todos os xogadores participantes nos encontros e o público que asista aos mesmos.

 

Seis meses

 

As actividades previstas polo clube para a celebración do seu 25º aniversario prolongaranse até o  mes de decembro. Para o vindeiro mes de xullo haberá: Unha ruta a pé na que se realizará un campionato de rastreo (día 29), campionatos de mountain bike e carreiras pedestres (día 30) e diversos xogos tradicionais no Centro Sociocultural de Villestro e a emisión dunha película ao aire libre (día 31). O club tamén está a traballar na organización de outras actividades como obradoiros de manualidades, teatro, títeres, etc.

 

Para os meses de agosto e setembro está prevista a realización de varios encontros amigables no campo da Barrosa, para os que se espera que a SD Villestro poda xogar ante equipos de renome dentro do fútbol galego. Tampouco se descarta o enfrontamento entre as seleccións de Santiago das distintas categorías, gracias á colaboración da Delegación en Santiago da Federación Galega de Fútbol.

 

Mentres que para o día 21 de novembro está programada a posibilidade de realizar un clinic para as categorías de fútbol sala da SD Villestro, no que a organización ten prevista a asistencia dalgún xogador do Autos Lobelle de Santiago, tanto para impartir o clinic como para responder ás preguntas formuladas polos máis pequenos e o seus pais sobre o fútbol sala profesional.

 

Por último, para pechar os actos de celebración do seu 25º aniversario, a SD Villestro ten prevista a realización dunha Gala na que compartirán mesa os xogadores da SD Villestro, os seus familiares e as autoridades, ao tempo que poderán contemplar imaxes das distintas épocas do clube a través dunha gran pantalla e prométense outras “sorpresas”. Ademais, ao remate da Gala entregaranse condecoracións a aquelas persoas que foron fundamentais na historia do club. E sortearanse regalos para os máis cativos e para os familiares.

 


Escrito por: fundaciongl
Data de publicación: 12/06/08
Veces lido: 92

Voltar

  

  • Galego
  • Castellano