O Doutor Rafael Tojo subliñou esta tarde a importancia do deporte para a saúde. O Xefe de Servizo de Pediatría do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago e Catedrático de Pediatría da Universidad de Santiago (USC) realizou estas declaracións na xornada divulgativa que se celebrou no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela.
O Doutor Tojo dirixiu a súa conferencia aos pais e nais, educadores, adestradores, entre outros, que complementou o IV Encontro Deportivo da Asociación Española de Pediatría (AEP) “O deporte é saúde”, que se desenvolveu pola mañá no Estadio de San Lázaro –no que se deron cita máis de 600 escolares de Compostela e a súa área de influencia.
“Canto máis saludable sexala dieta e canto máis regular sexa a actividade física en calquera das súas formas, máis beneficios reportará á saúde dos nenos e nenas. Sobre todo a unha idade crítica: o crecimiento, o desenvovemento e a creación de hábitos saudables”, asegurou.
Pola súa banda a Doutora Rosaura Leis, Profesora de Psicoloxía da Universidad de Santiago, subliñou que a finalidade do IV Encontro Deportivo “O deporte é saúde” e a xornada divulgativa, é: “A promoción da actividade física e da dieta saudable”. Para acadar este objextivo traballaron de xeito conxunto o Concello de Santiago, a Fundación Compostela Deporte, a Dirección Xeral de Saúde Pública dla Consellería de Sanidade dla Xunta de Galicia, a AEP, l Sociedade Galega de Pediatría e a Unidad de Investigación, Nutrición y Desarrollo Humano de Galicia do Hospital Clínico Universitario de Santiago, desta última forman parte o Dr. Tojo e a Dra. Leis.
A Doutora Leis explicou que a unidade realizou durante a mañá a los escolares de Compostela e o seu ámbito de influencia unha enquisa para coñecer os hábitos de vida dos nenos (as) avaliando a súa actividade física e os seus hábitos sedentarios. E outra para coñecer os seus hábitos alimentarios: frecuencia de consumo de alimentos e bebidas, e o momento no que se consumen”, destacou entre outros aspectos, para coñecer a súa situación, extraer conclusións e emprender iniciativas para o fomento dos hábitos de vida saudables.
Cómpre lembrar que tanto o IV Encontro Deportivo da AEP como a xornada divulgativa están enmarcadas dentro das acciones de desenvolvemento do Plan Integral Deporte e Vida (PIDEVI), posto en marcha pola Fundación coa finalidade de poñer en valor os beneficios que reporta o deporte nos ámbitos da saúde, os bos comportamentos, a non violencia e o benestar social entre os deportistas de Compostela e o seu ámbito de influencia; do Programa PASEA da Consellería de Sanidade e da celebración do 57 Congreso da Asociación Española de Pediatría no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia.