Fundacin Compostela Deporte
 Detalle del Artículo:

II Carreira Solidaria Polígono do Tambre

Atletas e demais asistentes deixaron unha recadación a favor da institución de case 900 euros

 

O Presidente de Proxecto Home Galicia agradeceu o apoio de organizadores, personalidades e dos preto de 200 participantes

 

As estradas do Polígono Industrial do Tambre acolleron hoxe a celebración da II Carreira Solidaria Polígono do Tambre, organizada pola Fundación Compostela Deporte, a Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre (AEPIT) e a Delegación en Santiago da Federación Ga

As estradas do Polígono Industrial do Tambre acolleron esta mañá a celebración da II Carreira Solidaria Polígono do Tambre –organizada pola Fundación Compostela Deporte, a Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre (AEPIT) e a Delegación en Santiago da Federación Galega de Atletismo –que tamén levou o control técnico da proba-. A proba contou con preto de 200 participantes que afrontaron con esforzo, ilusión e, sobre todo, solidariedade, os 6.600 metros de percorrido. Esta segunda edición da proba tiña como obxectivo recadar fondos para Proxecto Home Galicia. O Director de esta organización. Ramón Gómez, agradeceu a organizadores, atletas, deportistas de elite y público asistente os 893,87 euros recadados e, sobre todo, a súa solidariedade.

 

“O máis importante é o significado que ten esta proba, que é unha carreira solidaria. É moi de agradecer o donativo, son case novecentos euros. Pero é máis importante agradecer a sensibilidade por parte dos organizadores de cara á nosa organización, na que traballamos cada día na rehabilitación, dos participantes que entregan o mellor de sí coa súa participación e colaboración; como non, o realce que lle dan coa súa presenza e participación todas estas figuras do deporte galego; e a Pedro Nimo pola súa iniciativa”, afirmou Ramón Gómez.

 

Cómpre lembrar que entre os preto de 200 participantes se atopaban moitos (as) atletas anónimos (as), pertencentes a distintos clubes de atletismo galegos, personalidades do deporte galego como o adestrador Arsenio Iglesias, os atletas Pedro Nimo e Alejandro Gómez, o ciclista do Karpin Galicia Ezequiel Mosquera, e o ex xogador do Deportivo e o Compostela José Ramón González.

 

Gómez engadiu que “espera e desexa” que a Carreira Solidaria poida desfrutar de: “Continuidade e, sobre todo, que a sociedade compostelá saiba percibir este xesto e para o ano sexamos moitos máis os que esteamos arroupando esta boa idea de Pedro Nimo, respaldada pola Fundación, a AEPIT e a Delegación en Santiago da Federación Galega de Atletismo”, comentou.

 

Cómpre sinalar tamén a colaboración para o desenvolvemento desta II Carreira Solidaria Polígono do Tambre de: o Concello de Santiago, Cruz Vermella, Begano Coca-Cola e Centro Deportivo.

 

Trofeos

 

E aínda que o resultado deportivo era o de menos, os primeiros clasificados nas distintas categorías recolleron os trofeos que os acreditaban como tal. A vencedora na categoría infantil feminina foi Virginia Pérez e na categoría infantil masculina foi Aldán Delgado (do Atletismo Milladoiro).

 

A campiona na categoría feminina de adultos foi: María Jesús Valiño (do Ría Ferrol-Concepción Arenal), seguida de María Yolanda Gutiérrez (do Atletismo Milladoiro) e Victoria Fernández. Mentres que na categoría masculina de adultos venceu: José Manuel Vieito (do Club Cimáns Coruña Comarca) seguido de Miguel Carrillo (do Atletismo Milladoiro) e Luís Alfonso Novo (tamén do Cimáns).


Escrito por: fundaciongl
Data de publicación: 12/06/08
Veces lido: 80

Voltar

  

  • Galego
  • Castellano