O Director Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, Ramón Medina, o Vicepresidente da Fundación Compostela Deporte e Concelleiro de Deportes de Santiago, Andrés Fariña, e o Presidente da Sociedade Galega de Pediatría, Juan Manuel Sánchez, presentaron hoxe o IV Encontro Deportivo da Asociación Española de Pediatría “O deporte é saúde”. Na xornada participarán 650 escolares de Santiago e a súa área de influencia –adiantou Medina- e se desenvolverá no Estadio de San Lázaro o vindeiro día 6 de xuño, entre as 10.00 e as 13.30 horas e enmárcase dentro do Programa PASEA da Consellería de Sanidade, da celebración do 57 Congreso de la Asociación Española de Pediatría e das accións de desenvolvemento do Plan Integral Deporte e Vida (PIDEVI) da Fundación.
O Director Xeral de Saúde Pública, Ramón Medina subliñou a importancia de que as entidades organizadoras: “Traballemos xuntas pola saúde do futuro, xunto cos concellos e coas asociacións. Isto é fundamental para fomentar os estilos de vida saudables entre os rapaces (as). Tamén é moi importante que este encontro se celebre dentro dun congreso tan importante como o da Asociación Española de Pediatría”, afirmou.
“O 36% da poboación galega morre por enfermidades cardiovasculares, o 26% por cancro e un 13% por enfermidades respiratorias. Esto supón un 75% das causas de mortalidade na nosa comunidade. Pero non é simplemente iso, senón o sufrimento que causan estas patoloxías. Unhas patoloxías que están orixinadas por uns estilos de vida cunha tendencia perigrosa, cara a un consumo excesivo de grasas saturadas e por outra banda a unha inactividade importantísima, un sedentarismo que a veces chega a ser perigoso. E por outro lado existen hábitos doutro tipo como pode ser o consumo do tabaco”, argumentou Medina para reforzar a necesidade de traballar cos nenos (as) para prevenir, na medida do posible, os efectos desta problemática.
Pola súa banda, o Vicepresidente da Fundación, Andrés Fariña, falou da importancia de dar ao deporte a categoría de: “Fomento da saúde e da formación. Todos os que estamos relacionados coa práctica deportiva estamos convencidos de que esta ten unha gran implicación no desenvolvemento da personalidade do cidadán no dia de mañá de cara as súas relacións sociais, laborais, etc”.
Fariña engadiu que a Fundación está satisfeita de que o Programa PIDEVI teña “acollida” na Dirección Xeral de Saúde Pública y en la Asociación Española de Pediatría para traballar nos obxectivos sinalados. “O día do encontro intentaremos transmitir que o deporte é un instrumento de saúde e un elemento de formación. Nós estamos a traballar coas entidades deportivas de Santiago neste senso, con enquisas, e tamén para incidir na importancia da recuperación dos valores, porque estamos caendo nunha sociedade demasiado materialista, e creo que o deporte tamén é solidariedade, compañeirismo, disciplina ou traballo en equipo”, engadiu.
Cómpre lembrar que o IV Encontro Deportivo da AEP enmárcanse dentro das accións de desenvolvemento do PIDEVI, posto en marcha pola Fundación coa finalidade de poñer en valor os beneficios que reporta o deporte nos ámbitos da saúde, os bos comportamentos, a non violencia e o benestar social entre os deportistas de Compostela e o seu ámbito de influencia.
O Presidente da Sociedade Galega de Pediatría, Juan Manuel Sánchez Lastres, subliñou que a súa entidade: “Como non pode ser doutro xeito, está moi preocupada pola saúde dos nenos (as). E todo o que se faga no senso de intentar potenciar o deporte e a vida saudable é moi importante, como es el caso del IV Encontro Deportivo da AEP”.
Sánchez Lastres destacou que un “30% dos nenos (as) sufren de obesidade ou sobrepeso” e que: “É importante darlle ao deporte a categoría de elemento clave na saúde dos rapeces (as)”, engadiu.
Obxectivos do encontro
Os obxectivos do IV Encontro Deportivo da AEP -destinado aos nenos (as) de entre 8 e 12 anos dos colexios de Santiago e a súa comarca- son: Desenvolver actividades deportivas entre os nenos (as) de primaria para sensibilizar da importancia do xogo e dos bos hábitos saudables, entregándolles material informativo; a realización dunha avaliación física promovida polo programa PASEA da Xunta de Galicia e de unha enquisa sobre hábitos alimentarios e saudables, proposta pola Sociedade Galega de Pediatría.
Ademais, esta xornada tamén persegue: informar aos pais e nais, educadores e á sociedade en xeral dos beneficios dunha vida sa e saudable na formación dos rapaces (as); e divulgar entre os medios de comunicación a necesidade de fomentar o deporte na educación dos mozos (as) para mellorar a súa saúde presente e futura.
Para o desenvolvemento do IV Encontro Deportivo da AEP “O deporte é saúde” no Estadio de San Lázaro estableceranse tres zonas diferentes por cada un dos grupos de nenos (as), nas que estarían atendidos por monitores deportivos. Unha zona na que se realizarán xogos de tenis de mesa, outra de carreiras atléticas e unha de xogos con pelota.
Ademais, haberá un stand da Consellería de Sanidade de valoración de forma física e consello personalizado sobre actividade física e alimentación, con persoal especializado do INEF, dentro do Programa PASEA. Realizaránse enquisas elaboradas pola Fundación e a Sociedade Galega de Pediatría en relación co PIDEVI.
E tamén haberá un espazo con hinchables, obradoiros e atraccións de baile, estas actividades contan coa colaboración de Alcampo, Begano-Coca Cola, Feiraco, Centro Deportivo e Cruz Vermella. O Vicepresidente da Fundación, Andrés Fariña, expresou o: “Agradecemento a estas cinco entidades pola súa colaboración no desenvolvemento do IV Encontro Deportivo da AEP. Así como ao Dr. Rafael Tojo Sierra, Catedrático de Pediatría da Universidade de Santiago (USC) e Xefe do Servizo de Pediatría do Complezo Hospitalario Universitario de Santiago”.
O IV Encontro Deportivo da AEP “O deporte é saúde” complementase coa celebración dunha xornada divulgativa (o mesmo día 6 de xuño no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, ás 19.00 horas) a cargo do Dr. Rafael Tojo Sierra, dirixida aos pais e nais, educadores e adestradores, para fomentar a importancia dos hábitos saudables nos rapaces e rapazas.
57 Congreso da AEP
O IV Encontro Deportivo “O deporte é saúde” forma parte tamén das actividades complementarias do 57 Congreso de la AEP, que se celebrará en Santiago os vindeiros días 5, 6 e 7 de xuño no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia. Este congreso reunirá a máis de 2.200 pediatras, o que suporá unha das convocatorias con maior participación. Durante os tres días, destacados expertos nacionais e internacionais presentarán as últimas investigacións tanto de carácter médico como socio-sanitario, relativas á infacia e á adolescencia.
O incremento da detección de casos de abuso sexual e outras formas de maltrato infantil, xunto a outros problemas psico-sociais que, cada vez máis, abordan os especialistas en pediatría, serán dous dos temas que se debatirán en Compostela. Tamén se actualizarán os datos das principais patoloxías pediátricas en Galicia.