A Fundación Compostela Deporte agradece nomeadamente ao Clube Ciclista Compostelano-Muebles Compostela e ao seu presidente D. Nemesio López, pola organización deportiva da Volta Ciclista da Ascensión 2008 “Gran Premio Xacobeo”. E a tódolos seus colaboradores. Grazas tamén polo seu apoio á Federación Galega de Ciclismo e ao seu presidente, D. Sabino Cortizo.
Grazas ao Alcalde de Santiago e Presidente da Fundación Compostela Deporte, D. Xosé Antonio Sánchez Bugallo ao Concelleiro de Deportes e Vicepresidente da Fundación, D. Andrés Fariña; e aos concelleiros dos diferentes grupos municipais da cidade pola súa asistencia ao longo dos tres días da Volta, formando parte dos afeccionados na saída e na liña de meta.
Outra peza importante da Volta da Ascensión foron os alcaldes e concelleiros de deportes dos concellos veciños da provincia de A Coruña: Ames, Arzúa e Cerceda e da provincia de Pontevedra: Silleda e Vilagarcía de Arousa. Grazas por acoller con grande agarimo esta competición, pola colaboración de forma activa e efectiva para que a carreira puidese desenvolverse e grazas aos habitantes destes municipios e das demais localidades polas que pasou o pelotón, que amosaron ser uns verdadeiros amigos ao longo dos máis de 500 quilómetros de percorrido.
Grazas tamén aos membros dos corpos de forza e seguridade: á Garda Civil de Tráfico, ao seu Tenente D. Miguel Soldán e ao seu destacamento; así como á Policía Local de Santiago de Compostela, representada en D. José Antonio Carril; así como aos distintos membros dos corpos de forza e seguridade dos concellos polos que pasou a Volta. Grazas á Cruz Vermella que non só colaborou na asistencia médica en carreira, senón que tamén deleitou aos (as) xoves na “Volta á Praza” en Área Central con diferentes obradoiros.
Grazas aos patrocinadores: a Sociedade Xestora do Plan Xacobeo, Caixanova, Skoda Brea Automoción e Área Central. Así como ás entidades colaboradoras: Begano-Coca Cola, Gadisa, Alcampo, Floristería Noelia, Viveros Galicia Garden. E á colaboración especial do Karpin Galicia coa cesión da exposición “120 anos de Ciclismo Galego” e por poñer á disposición dos cativos (as) o camión do seu equipo profesional e un circuíto de ciclismo na “Volta á Praza”. Tamén ao Moto Club Compostela.
Grazas aos directivos, técnicos, médicos, ciclistas e demais persoal dos vinte clubes participantes.
Grazas aos medios de comunicación por levar a Volta Ciclista da Ascensión a tódolos recunchos da cidade e do resto da xeografía galega, española e portuguesa.
Grazas ao xornalista D. Terio Carrera e a todos os profesionais que colaboraron na presentación, radio volta, oficina permanente, actividades protocolarias, montadores, árbitros, médicos e demais persoal e, como non, aos imprescindibles voluntarios e aos nenos e nenas do Clube Ciclista Compostelán-Muebles Compostela.
E, como non, grazas a tódolos afeccionados e a tódolos cidadáns polo seu comportamento e, sobre todo, pola súa comprensión á hora de afrontar os trastornos que se poidan ter producido na mobilidade debido aos cortes das rúas da cidade. Polos que vos expresamos a nosas más sinceras desculpas.
É imposible facer unha relación nominal. Hai nomes que non aparecen nesta nota por motivos de espazo, pero que quedan reflectidos de maneira implícita nas súas institucións, entidades, empresas ou colectivos. Grazas porque sabemos que contamos coa vosa comprensión, isto nos motiva a facer o noso traballo cada día mellor.