O corredor Pablo de Pedro e o seu equipo, o Supermercados Froiz, son os vencedores da “Volta Ciclista da Ascensión 2008 Gran Premio Xacobeo” –organizado pola Fundación Compostela Deporte e o CC Compostelano – Muebles Compostela- tras terceira e última etapa da competición disputada hoxe na que , ao igual que nas dúas xornadas precedentes, non faltou a emoción e a competitividade e que gañou José Baños do Cueva El Soplao-Cantabria Infinita. Cómpre destacar a profesionalidade das vinte formacións que participaron na proba e dos seus ciclistas, xa que ao longo destes días, todas elas meteron algúns dos seus corredores nas distintas escapadas que deron un grande espectáculo deportivo á Volta.
A entrega de premios contou coa presenza do Concelleiro de Deportes de Santiago, Andrés Fariña; Marcial Rodríguez da Sociedade Xestora do Plan Xacobeo; Sabino Cortizo, Presidente da Federación Galega de Ciclismo; Nemesio López, Presidente do Clube Ciclista Compostelano; José Brea, de Skoda Brea Automoción; Gabriel González de Caixanova; e Juan Fernández, de Muebles Compostela.
Os integrantes do pelotón da “Volta Ciclista da Ascensión 2008 – Gran premio Xacobeo” cumpriron coas expectativas dunha nova xornada de loita e emoción. Nesta terceira e última etapa da proba o primeiro en plantexar a pelexa foi o corredor do P3 Transfer Batavus, Wouter Mol, que se escapou no quilómetro cero e marchou en solitario ate que foi absorbido polo pelotón no quilómetro 25.
Sen embargo, antes de ser absorbido, a Wouter Mol doulle tempo de ser o primeiro na meta volante de Ordes (quilómetro 23,70), cun minuto de vantaxe sobre o pelotón. O segundo neste punto foi Pedro Soeiro (Centro de Ciclismo Loulé) e o terceiro Mark Cassidy (Sean Kelly Team).
Antes de chegar á meta volante de Cerceda (quilómetro 23,40) formouse unha escapada de tres corredores que ocuparon as primeiras posicións neste punto: Jesús López (Comunidad Valenciana); José Alcaraz (Saunier Duval) e Gedininas Bagdonas (Ulan), a dous minutos e vinte segundos pasou o pelotón,. E no quilómetro 66 a última referencia de tempo era dunha vantaxe de catro minutos e dez segundos, e o pelotón marchaba controlado polo Supermercados Froiz e o Loulé.
López, Alcaraz e Bagdonas continuaban en cabeza de carreira ao coronar por este orden el alto de Enxiriz (quilómetro 84) cunha vantaxe de dous minutos e trinta segundos sobre o pelotón, que na subida a este porto se fragmentou en tres grupos. E dentro do grupo perseguidor da cabeza de carreira o primeiro en pasar pola pancarta do premio da montaña foi o corredor do Barbot-Siper, Carlos Pinho. Na baixada do alto, os tres grupos do pelotón se quedaron en dous e no primeiro, viaxaba o líder do “Gran Premio Xacobeo”, Pablo de Pedro (Supermercados Froiz)
Os corredores Jesús López, José Alcaraz e Gedininas Bagdonas, do Comunidad Valenciana, Saunier Duval e Ulan, respectivamente, volveron a pasar en solitario pola pancarta de Premio de Montaña do alto de Portomouro, E Carlos Pinho volveu a ser o cuarto en pasar por este punto. Pero a vantaxe dos tres escapados (desde o quilómetro 43) sobre o pelotón no que viaxaba o líder Pablo de Pedro (S. Froiz) quedou reducida a 35 segundos no quilómetro 114.
A composición da cabeza da carreira cambiou ao coronar o alto de Trasmonte (quilómetro 116,20), no que os ciclistas que acadaron os puntos foron: Carlos Pinho (Barbot); o líder Pablo de Pedro (S. Froiz) e Bart Oegema (P3 Transfer Batavus), cunha vantaxe de vinte segundos sobre un grupo composto por quince unidades.
E houbo máis movementos no seguinte porto. No alto de Mourentans o primeiro foi Carlos Pinho (Barbot), seguido de José Baños (Cueva El Soplao), o galego do Barbot, Luís Oliveira e Javier Chacón (Cafemax), que circulaba cun minuto de vantaxe sobre o pelotón, facendo peligrar o liderato acado onte por Pablo de Pedro.
Pinho, Baños e Oliveira foron os tres primeiros en pasar pola meta volante de Bertamiráns, aínda que a súa vantaxe sobre o pelotón no que viaxaba Pablo de Pedro, do Supermercados Froiz, quedou reducida a 48 segundos e foi disminuindo até chegar a meta, na que gañou o corredor do Cueva El Soplao-Cantabria Infinita, José Baños, con tan só uns metros de vantaxe sobre: Javier Chacón do Cafemax, segundo e o sueco do P3 Transfer Batavus, Jonas Ljungblad, terceiro.
Pablo de Pedro foi quen de defender hoxe o liderato da “Volta Ciclista da Ascensión Gran Premio Xacobeo”, acadado na segunda etapa de onte, e convertiuse no gañador da proba; o segundo na clasificación xeral individual foi o campión da etapa de hoxe José Baños e o terceiro o corredor do Cafemax-Contenpolis, Francisco Torrella.
A marxe dos tres primeiros clasificados nesta terceira e última etapa e dos tres primeiros postos da clasificación xeral individual, o equipo campión da edición da “Volta da Ascensión 2008 – Gran Premio Xacobeo” foi o Supermercados Froiz, co seu Director Deportivo á cabeza, Evaristo Portela (que correu a competición compostelana na súa etapa en activo como ciclista), a segunda mellor formación foi o Madeinox-Boavista e o terceiro o Barbot-Siper.
O premio para o líder da regularidade foi para o corredor sueco do P3 Transfer Batavus e gañador da primeira etapa desta edición da Volta, Jonas Ljungblad (maillot vermello patrocinado polo Concello de Santiago); o campión do Premio de Montaña foi Carlos Pinho do Barbot-Siper (maillot branco patrocinado por Brea Automoción); o primeiro na clasificación das Metas Volantes, Pedro Soeiro do Centro de Ciclismo Loulé (maillot verde patrocinado por Caixanova); e Jesús González do Cidade de Lugo foi o primeiro na clasificación xeral dos corredores galegos (maillot azul e branco patrocinado por Muebles Compostela), unha clasificación que encabezou os tres días da proba.