Fundacin Compostela Deporte
 Detalle del Artículo:

“Volta Ciclista da Ascensión 2008”

Pablo de Pedro do Supermercados Froiz lidera o “Gran Premio Xacobeo” tras gañar a segunda etapa

 

O corredor Pablo de Pedro do Supermercados Froiz lidera a Volta Ciclista da Ascensión 2008 “Gran Premio Xacobeo” -organizado pola Fundación Compostela Deporte e o CC Compostelano – Muebles Compostela- tras impoñerse nunha segunda etapa da competición que, pese á dureza do seu trazado, foi moi disputada, sobre todo no seu primeiro tramo, até a subida ao alto de Vinseiro. E todo indica que aínda non está nada decicido na proba, xa que a diferencia de un minuto e quince segundos entre o líder e o décimo clásificado fai prever unha terceira e última etapa igual de emocionante e coa mesma pelexa que as dúas precedentes.

O corredor Pablo de Pedro do Supermercados Froiz lidera a “Volta Ciclista da Ascensión 2008 Gran Premio Xacobeo” –organizado pola Fundación Compostela Deporte e o CC Compostelano – Muebles Compostela- tras vencer nunha segunda etapa da competición que, pese á dureza do seu trazado, foi moi disputada, sobre todo no seu primeiro tramo, até a subida ao alto de Vinseito. Todo indica que aínda non está nada decidido na proba, xa que a diferencia de un minuto e quince segundos entre o líder e o décimo clasificado fai prever unha terceira e última etapa igual de emocionante e coa mesma pelexa que as dúas precedentes.

 

A entrega de premios contou coa presenza do Concelleiro de Deportes de Santiago, Andrés Fariña;; Sabino Cortizo, Presidente da Federación Galega de Ciclismo; Nemesio López, Presidente do Clube Ciclista Compostelano; José Brea, de Skoda Brea Automoción, e Juan Fernández, de Muebles Compostela.

 

Os compoñentes do pelotón de corredores que disputan o “Gran Premio Xacobeo” deste ano están dispostos a amosar toda a súa calidade, competitividade, capacidade de esforzo e sacrificio, etc. Resumen, todas as súas calidades físicas, deportivas e persoais. Se a etapa de onte tivo un gran nivel competitivo, o comezo da de hoxe non puido ter máis emoción.

 

Xa no quilómetro cero comezou a gran batalla deportiva desta segunda etapa da Volta e fructificou unha escapada composta de 32 unidades. Ademais, o ritmo de carreira foi moi alto desde o primeiro minuto. Na primeira hora do seu desenvolvemento o pelotón circulou a unha media de entre 42 e 43 quilómetros por hora.

 

 

 

 

 

O primeiro en pasar pola meta volante de Arzúa foi Pedro Soeiro (Centro de Ciclismo Loulé), seguido de Fernando Torres (CC Spol-Caixanova) e Josef Boxmer (Diputación de León). E tras pasar Arzúa, baixando cara a Portodemouros se escaparon dous ciclistas do Barbot-siper: Helder Oliveira e Ricardo Horta, aos que se uniu despois o seu compañeiro de equipo Carlos Pinho. Os compoñentes do Barbot chegaron a circular unha vantaxe de 25 segundos sobre o pelotón. Outras oito unidades, entre as que se atopaba o líder da carreira tras a primeira etapa de onte, Jonas Ljungblad. Pero o pelotón abortou esta escapada na subida do primeiro porto puntuable da xornada.

 

O venezolano do Spol-Caixanova, José Antonio Ramos, foi o primeiro en pasar polo alto de Cumeiro (quilómetro 54,4), o portugués Bruno Pinto, o líder do Premio da Montaña tras a primeira etapa, do Barbot-Siper foi segundo e o colombiano do Diputación de León, Carlos Ibáñez, foi terceiro. A emoción voltou na baixada deste porto, na que se escapou Fernando Torres (Spol-Caixanova), pero foi absorbido no quilómetro 67 polo pelotón.

 

O corredor do Loulé, Pedro Soeiro, foi o primeiro en cruzar a meta volante de Bandeira, con 59 segundos de vantaxe sobre o pelotón, no que acadou a segunda posición neste punto o compañeiro de equipo de Soeiro, Nuno Marta e terceiro foi Benny Schrooder do Sean Kelly Team.

 

O pelotón agrupouse de novo no quilómetro 80 e os tres primeiros en pasar polo porto de Xindiriz (quilómetro 81.6), puntuable para o Premio de Montaña, foron: Carlos Pinho (Barbot-Siper), Pablo de Pedro (Supermercados Froiz), Daniel Fleeman (Sean Kelly Team) e Barty Oegema (P3 Transfer Batavus). Pero tras pasar este alto, outro grupo de 22 ciclistas formou unha escapada que foi abortada no quilómetro 87.

 

A loita comezou a pasar factura na subida no alto de Vinseiro (quilómetro 102,8), no que o pelotón se rompeu. Un grupo de vinte corredores coronou este porto de primeira categoría. Os puntos foron para: Iván González (Bidelan-Kirolgi), Carlos Pinho (Barbot-Siper), Luís Pinheiro (Madeinox-Boavista); Bart Oegema (P3 Transfer Batavus); Aidis Kruopis (Ulan) e Joaquín López (Sanse-Spiuk).

 

Este grupo formado por vinte corredores chegou ao alto de Vinseiro cunha vantaxe de 24 segundos sobre outro grupo de 25 unidades entre os que viaxaba o líder da Volta tras a primeira etapa, o sueco do P3 Transfer Batavus, Jonas; e unha vantaxe de un minuto e vintecinco segundos sobre un terceiro grupo de 35 corredores.

 

Á altura do quilómetro 126 á cabeza da carreira quedou reducida a catro unidades: Carlos Pinho (Barbot-Siper); Daniel Lloyd (Sean Kelly Team), Pablo de Pedro (Supermercados Froiz) e Luís Pinheiro (Madeinox Boavista); cunha vantaxe de un minuto e vinte segundos sobre un grupo de sete corredores dos equipos: Sanse-Spiuk; P3 Transfer Batavus, Ulan, Cafemax-Contenpolis,

 

 

 

 

 

Barbot-Siper, Bidelan-Kirolgi e Lokomotiv, o que amosa que todas as formacións teñen moito interese en facerse coa presente edición da “Volta ciclista da Ascensión Gran Premio Xacobeo”. Aidis Kruopis(Ulan) circulaba en solitario a un minuto e cincuenta segundos e o grupo do líder a dous minutos e dez segundos do grupo de cabeza.

 

Ao alto de San Xurxo de Vea (quilómetro 142,8) chegaron nas dúas primeiras posicións: Carlos Pinho (Barbot-Siper) e Pablo de Pedro (Supermercados Froiz), cunha vantaxe de 26 segundos sobre un grupo de doce corredores dos que tamén puntuaron: Iván González (Bidelan-Kirolgi) e Daniel Lloyd (Sean Kelly Team). Mentres que o pelotón, no que circulaba o líder tras a primeira etapa, circulaba a tres minutos.

 

Foi o corredor galego so Supermercados Froiz, Pablo de Pedro o que a partir deste porto non abandonaría as primeiras posicións. Volveu a ser o primeiro no Alto de Lampai, seguido de Carlos Pinho (Barbot), José Barros (Cueva El Soplao), Daniel Lloyd (Sean Kelly Team), Francisco Tórrella (Cafemax) e Luís Oliveira (Barbot). E tamén no Alto de Montouto, no que o segundo foi  Antonio Cosme (Madeinox) e o terceiro José Barros (Cueva El Soplao).

 

Pablo de Pedro conseguiu finalmente o triunfo de etapa e con el o liderato da “Volta Ciclista da Ascensión Gran Premio Xacobeo”, o segundo foi o seu compañeiro de equipo Marcos García e o terceiro, Antonio Cosme do Madeinox Boavista.

 

A marxe dos tres primeiros clasificados na primeira etapa. Tras o novo líder Pablo de Pedro (que mañá lucirá o maillot amarelo que patrocina o Xacobeo, na clasificación xeral individual o segundo é tamén o seu compañeiro do Supermercados Froiz, Marcos García e o terceiro é o corredor do Cafemax, Francisco Torrella. E para mañá, na terceira e última etapa, todo indica que continuará o espectáculo, a loita e a emoción, xa que as primeiros clasificados se atopan nunha marxe de un minuto quince segundos.

 

Marcos García, segundo na etapa de hoxe, tamén encabeza agora a clasificación da regularidade (maillot vermello patrocinado polo Concello de Santiago); lidera o Premio de Montaña, Carlos Pinho do Barbot-Siper (maillot branco patrocinado por Brea Automoción); o primeiro na clasificación das Metas Volantes, Pedro Soeiro do Centro de Ciclismo Loulé (maillot verde patrocinado por Caixanova); e Jesús González do Cidade de Lugo é por segunda xornada consecutiva o primeiro na clasificación xeral dos corredores galegos (maillot azul e branco patrocinado por Muebles Compostela). Por último, o Supermercados Froiz é o novo líder na clasificación por equipos.

 

Cómpre lembrar que mañá se disputa a terceira e última etapa, de 158,30 quilómetros, que comezará coa saída lanzada desde Salgueiriños. As metas volantes desta xornada estarán situadas en: Ordes, Cerceda e Bertamiráns. Mentres que os altos puntuables para o Premio de Montaña serán os de: Enxiríz, Portomouro, Trasmonte e Mourentáns.


Escrito por: fundaciongl
Data de publicación: 02/05/08
Veces lido: 105

Voltar

  

  • Galego
  • Castellano