Fundacin Compostela Deporte
 Detalle del Artículo:

PIDEVI

Aquí tedes as bases do Sorteo do Xogo Solidario.

A Fundación Compostela Deporte -coa colaboración da Asociación de Empresarios de Hostalaría de Santiago e Comarca- crea o Programa de Axudas ao Deporte Base Xogo Solidario coa finalidade de fomentar á práctica deportiva mediante o apoio aos clubes federados na súa labor a prol do da sociedade en xeral.

 

Por isto entre aquelas persoas que fagan donativos aos clubes a través dos establecimientos de hosteleria que colaboren no Programa, realizarase un sorteo de distintos agasallos doados polas empresas colaboradoras.

 

A edición dos billetes por parte da Fundación realízase sen ningunha fin lucrativa, e co obxecto de empregar o diñeiro recadado no financiamento das entidades deportivas de Santiago e comarca na súa tarefa educativa e social..

 

 

BASES

 

PRIMEIRA

O donativo, que será de un euro por billete, feito ao clube outorga o dereito a participar: a) cun billete no sorteo dun MP4, dunha bicicleta, un ordenador portátil e de dous billetes de avión a Tenerife.

 b) No sorteo de agasallos promocionais que se repartirán entre os establecementos colaboradores, atraves do método de rascar un número nun panel. Cada panel conterá 10 agasallos promocionais.

A adquisición dun billete presupón a aceptación das presentes bases que serán depositadas na páxina web da Fundación www.fundacioncompostela.org e da Asociación de Empresarios www.santiagohosteleria.net.

 

SEGUNDA

a)      As persoas gañadoras dos premios serán as posuidoras dos billetes cos números que coincidan cos extraídos no sorteo que se celebrará o vindeiro 30 de Xuño de 2008 na sede da Fundación Compostela Deporte, sita no estadio de San Lázaro Porta 16, en presenza dos Xerentes das dúas entidades organizadoras e un representante dos clubes.

b)   O sorteo farase mediante a extracción dos números repartidos entre os doantes.

c)     A orde do sorteo farase tendo en conta o valor monetario dos agasallos. Así o primeiro número extraído levará o ordenador portátil, o segundo agraciado obterá os dous billetes de avión a Tenerife, o terceiro número corresponderá á bicicleta e o último número levará un MP4.

d)   O número gañador será comunicado através da web da Fundación Compostela Deporte, e nas sedes sociais da Fundación e da Asociación de Empresarios.

 

 

TERCEIRA

Non se admitirá como premiado, aquel billete susceptíbel de ter sido falsificado, retocado ou manipulado por calquera medio mecánico, informático, ou de calquera outro tipo e que pola súa natureza, presente dúbidas á organización responsábel.

 

 

 

CUARTA

En ningún caso os premios poderán trocarse por diñeiro.

 

 

QUINTA

a)      O gañador/a autoriza á FUNDACION a reproducir e empregar o seu nome, apelidos, dirección e imaxe en calquera actividade publi-promocional relacionada co sorteo no que participa, durante e despois se resulta gañador, sen que esta utilización lle confira dereito de remuneración ou beneficio algún con excepción feita da entrega do premio gañado.

b)      Os datos persoais facilitados polo gañador/a serán recollidos nunha base de datos propiedade da FUNDACIÓN quen cumprirá coas disposicións en materia de protección de datos, e en especial as relativas á lei orgánica 15/1999 de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

 

 

SEXTA

Os billetes caducarán o vindeiro 30 de Xullo.

 

SÉTIMA

O gañador/a disporá dun prazo máximo de 30 días, a contar desde o día do sorteo,  para facer fronte as obrigas que lle corresponden como gañador/a, reflectidas nas bases do mesmo. Transcorrido ese tempo o sorteo entenderase resolto.

 

OITAVA

A Fundación Compostela Deporte distribuirá 150 paneis entre os establecementos colaboradores. Cada panel contén un talonario de 100 billetes.

 

NOVENA

A promoción do Xogo Solidario comezará o día 15 de maio e rematará o día 27 de Xuño.

 


Escrito por: fundaciongl
Data de publicación: 24/03/08
Veces lido: 342

Voltar

  

  • Galego
  • Castellano